Come, Merca, Ama o Grove
Come, Merca, Ama o Grove

EMGROBES LEVARÁ A CABO A XVIII EDICIÓN DA COCIÑA DO MAR E ORGANIZA A FEIRA DE OPORTUNIDADES GROVESTOCK FESTA DO MARISCO

A Asociación de Comerciantes e empresarios Emgrobes, levará a cabo as súas habituais actividades de promoción da economía local durante a festa do marisco. A fin de semana comezará coa feira de oportunidades e o xoves 8 levará a cabo A Cociña do Mar.

Emgrobes está inmerso na organización das súas accións de promoción da economía local da Festa do Marisco. O próximo venres 2 as 11.30 inaugurase a tradicional Feira de Oportunidades Grovestock F. M. Ao igual que o ano pasado levarase a cabo nunha Carpa  na que participan 14 establecementos de comercio local da vila que ofrecerán productos de fora de tempada a prezos de liquidación e outros productos a precios moi competitivos. Así nos diferentes standas interiores da carpa ofreceranse descontos en roupa de muller e home, complementos, artesanía galega, calzado home e muller, peletería, xoguetes, visuteria ou agasallos. O horario da Feira será dende as 11 da mañán ata as 22.00 hs da noite de maneira ininterrumpida para que os visitantes e oa veciños que o desexen poidan acercarse en calquera momento e adquirir produtos diversos. A feira tamén será levada a cabo durante o segundo fin de semana aproveitando o festivo do Pilar. Estas accións están dentro do proxecto do CCA de Tendas subvencionado pola Xunta de Galicia para promover e axudar ao comercio local do Grove a desfacerse do stock sobrante da temporada.

Ademáis desta acción promotora do comercio,  Emgrobes organiza, e xa por dezaoito  ano consecutivo, as xornadas gastronómicas dA Cociña do Mar, esta actividade que naceu para promocionar os produtos do mar, menos coñecidos nos nosos fogóns, pero igualmente sabrosos e de excelente calidade, vai apostar este ano pola escupiña ou tamén chamada carneiro, o muxo e a volandeira da que se mostrarán recetas pero non se poderá degustar por estar actualmente en veda. Estes excelentes produtos das nosas rías serán os protagonistas destas xornadas o xoves día 8 de outubro, a partir das 18.00 ha no Mirador da Lonxa da Cofradía de Pescadores que está  dentro do recinto da Festa do Marisco. Pariciparan os cociñeiros do restaurantes Senlleiro , Manuel Dominguez e Alberto Sobral de Caralludo by Chuchi, ademáis da xa recoñecida cociñeira Rocío Garrido que xestiona A Cocina de mi abuelo. Presentará o doutor Ignacio Balboa e no showcoking poderán degustarse algunas das recetas marinadas con viños D.O. Rías Baixas. A entrada é libre ata completar o aforo establecido para o evento, que é dunhas 80 persoas.

Estas accións promocionais se verán completadas xa en novembro e decembro coa organización e promoción das Xornadas e Festa da Centola do Grove e a campaña de Nadal.