XXIV FESTA DA CENTOLA E XORNADAS DE EXALTACIÓN DA CENTOLA DO GROVE

EMGROBES DA O PISTOLETAZO DE SAÍDA Á FESTA DA CENTOLA DO GROVE CO APOIO DA XUNTA DE GALICIA, O CONCELLO DO GROVE E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Festa e as xornadas da centola organizadas por Emgrobes na que colaboran tamén a Cofradía de pescadores e a Cofradía do Centolo Larpeiro , comenza a súa promoción co a apertura da veda hoxe, 9 de novembro . Emgrobes presenta o cartel e o programa cos establecementos participantes e as accións promocionais que se levaraán a cabo estos días, e as actividades culturais que se realizaraán durante as datas da propia festa, do 26 de novembro ao 8 de decembro.

Hoxe levouse a cabo a presentación desta XXIV edición na lonxa do Grove coa primeira subasta de centola e coa presentación oficial de cartelería e programas. Acudiron representantes das tres administración colaboradoras, o Director Xeral de Turismo, José M Merelles, o deputato Javier Touris e o alcalde e concelleira de Turismo Jose Cacabelos e María López. Además do presidente e os directivos de Emgrobes xunto con representantes da Cofradía de pescadores e da Cofradía gastronómica do Centolo Larpeiro.

A asociación para conmemorar a XXIV edición pretende facer varias acción de promoción deste preciado crustáceo, incentivando desta maneira que se animen os visitantes a acudir nestas datas fora de temporada e que se faga turismo gastronómico en O Grove. Incidindo na importancia deste tipo de turismo durantes estas datas para desestacionalizar durante novembro e parte de decembo.

Por parte das entidades participantes anímase aos visitantes a que acuda a O Grove durante estas datas e proben este preciado marisco en calquera dos 17 restaurantes participantes, algún deles realizarán menús especiales, e tamén os 11 hoteis e apartamentos que Terán as súas portas abertas especialmente na ponte de decembro para recibilos.

Emgrobes levará a cabo outras presentación como a próxima do día 12 de novembro en Valencia no Restaurante La Sucursal do edificio Vels e vents situado na zona portuaria da cidade. Destacarase a importancia do turismo gastronómico para O Grove e a calidade e a importancia da centola do Grove cunha pequena degustación do producto marinado con viño albariño. Posteriormente para animar ao turismo de cercanía, farase unha presentación na igrexa da Madalena de Ribadavia con degustación de produto e de viños D.O ribeiro . En ambas presentacións se convidaraán medios de comunicación, autoridades, especialistas gastronómicos e coñecidos influencers para que promocionen e animen aos visitantes a acudir a O Grove durante novembro e a ponte de decembro para degustar a centola.

Para completar o programa levarase a cabo unha mostra e degustación de tapas en colaboración co Obradoiro de Hostaleria do Salnés na Praza de Abastos o 27 denovembro e tamén haberá pola tarde ese día a tradicional subasta de centolas macho e femia organizada pola Cofradía. Organizarase un show cooking que combina setas con centola do Grove, o día 3 de decmbro no Mirador da lonxa da Cofradía de Pescadores cunha exposición de cogumelos presentada por Miguel A. Delgado conocido experto en setas que tamén organiza un congreso internacional de Micoloxía no Grove a fin de semana do 26- novembro.

Durante as datas da Festa do 26 nov -8 de decembro haberá animación e música nas rúas a través de charangas, cantos de taberna e varias actuacións de música tradicional dos grupos Paradanda e Cantodorxo na Praza do corgo e nalgúns dos establecementos participantes. Todo para honrar á centola da Grove e para que durante estes días se dinamice a vila e os restaurantes e hoteis que serven a centola.

Toda a información e poderá atopar na oficina de turismo de O Grove, na web de Emgrobes e na RR sociais da asociación (xornadas gastronómicas e Emgrobes), ademáis da publicidade en medios, para que se promova e se incentive o consumo nos restaurantes e hoteis locais, e que durante a maior parte das xornadas servirán centolo elaborado de diferentes maneiras, farán menus especiais, tapas, centoladas e incluso algún hotel ofertará estancias con ceas nas que degustarán centolo….acompañado de rutas de senderismos, en barcos de paseo, acuario, museos o moito máis ocio, para que durante o mes de novembro e parte de decembro quen acuda a O Grove poida disfrutar de todo o que a nosa vila pode ofrecer.