BENVIDO

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVIZOS

Quen somos

Emgrobes, a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos, é a asociación que agrupa aos empresarios do comercio, industria e turismo do Grove na defensa dos intereses comúns e os do noso pobo.

Nesta asociación temos como principal obxectivo a unión empresarial na defensa dos intereses do Grove. Desenvolvemos continuas actividades de dinamización comercial, industrial e turística que melloran estes sectores económicos e toda a economía local no seu conxunto.

SERVIZOS AOS NOSOS ASOCIADOS

Asóciache e poderás gozar dos seguintes servizos

Promoción comercial

Promovemos campañas comerciais orientadas ao fomento das vendas dos nosos asociados

Representación colectiva

Como agrupación temos capacidade de trasladar nosas necesidades aos organismos públicos correspondentes.

Presencia nos medios

Coas nosas actividades colectivas acadamos presencia nos medios

Formación

Periódicamente a asociación realiza cursos de formación e especialización para os seus asociados

Información e asesoramento

Ofrecemos asesoramento empresarial que poida ser relevante aos nosos asociados

Convenios

Nosos asociados contan coa posibilidade de disfrutar de descontos especiais

CCA de Tendas

O comercio local con unha imaxe e promoción única

TARXETA COMERCIO DO GROVE

Compra nun comercio e presenta a túa tarxeta para engadirlle os puntos correspondentes.

En cada nova compra podes seguir acumulando puntos ou canxealos por descontos na túa compra.

Solicita a túa! Visita www.ccadetendas.com para máis información.

XXIV FESTA DA CENTOLA DO GROVE

A Festa e as Xornadas da Centola, organizadas por Emgrobes coa colaboración da Confraría de Pescadores e da Confraría Gastronómica do Centolo Larpeiro, inician o 9 de novembro a súa campaña de promoción coincidindo coa apertura da veda. Emgrobes presenta o cartel e o programa desta edición, que recolle os establecementos participantes, as accións promocionais previstas para estes días e as actividades culturais que se desenvolverán durante a festa, do 26 de novembro ao 8 de decembro.

A presentación desta XXIV edición celebrouse hoxe na lonxa do Grove, coincidindo coa primeira poxa de centola e coa presentación oficial do cartel e dos programas. No acto participaron representantes das tres administracións colaboradoras: o director xeral de Turismo, José M. Merelles; o deputado Javier Tourís; o alcalde do Grove, José Cacabelos; e a concelleira de Turismo, María López. Tamén asistiron o presidente e membros da directiva de Emgrobes, así como representantes da Confraría de Pescadores e da Confraría Gastronómica do Centolo Larpeiro.

Actualidade

Coñece as novas máis relevantes relacionadas coa actualidade da asociación

Xornadas da Centola 2026

Xornadas da Centola 2026

Los asistentes a este evento gastronómico podrán disfrutar de diferentes platos elaborados a base de centolla que se servirán en los establecimientos colaboradores de estas jornadas promocionales.

Cociña do Mar e Grovestock 2026

Cociña do Mar e Grovestock 2026

Emgrobes está inmerso na organización das súas accións de promoción da economía local da Festa do Marisco que dará comezo mañán venres ás 11.30 hs a inauguración oficial da Feira de oportunidades Grovestock, na que estarán presentes diferentes negocios de textil, calzado, peletería, artesanía, óptica e xoierías.

Volta ao Cole 2026

Volta ao Cole 2026

A Asociación de Empresarios de Bens e Servicios realiza unha campaña de comercio chamada “volta ó cole” na que se repartirán entre os clientes do CCA de Tendas invitacións para a Festa da Volta que se celebrará o domingo día 14 de setembro, domingo de 17.30 a 20.30 horas, na Praza do Corgo.

Forma parte da asociación

Se tes un negocio no Grove lembra que xuntos somos máis! Contacta connosco e coñece todas as vantaxes de ser socio.