Quen somos?

En 1986 un grupo de empresarios do Grove uníronse para defender de forma conxunta os seus intereses, así como para ter un maior peso específico á hora de participar nas decisións que lles afectasen directamente. Así nace EMGROBES (Empresarios Grovenses de Bens e Servicios).

EMGROBES é unha organización absolutamente aberta que pretende agrupar a todos os empresarios e comerciantes do Grove,e que se basea na coordinación, representación, xestión, fomento e defensa dos intereses xerais e comúns das empresas. Esta entidade está dotada de personalidade xurídica e con plena capacidade de obrar en cumprimento dos seus fins. Ademais, trátase dunha organización independiente da Administración, das organizacións de traballadores e dos partidos políticos. Na actualidade EMGROBES, é a única asociación da vila de empresarios e aglutina a case uns 150 asociados, pertencentes aos diferentes sectores da economía grovense.

 

Esta asociación ten como principal obxectivo a defensa dos intereses, dos seus socios, tanto económicos como sociais, englobando as intereses comerciais, hostaleiros e industriais, así como a realización de labores de información e promoción dos asociados, fomentando sempre entre eles unha colaboración mutua.

En 2001 creouse o Centro Comercial Aberto “De Tendas” coa finalidade de que o comercio local teña unha imaxe única, e levar a cabo, así, promoción e publicidade en común, asi como a unificación de servizos para conseguir ser máis competitivos.

En 2017 tanto o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) como a Asociación de Hostería intégranse en EMGROBES, deixando que esta sexa a única asociación empresarial do Grove, que agrupa os intereses dos sectores comercial, industrial e hostaleiro. A súa directiva está composta por representantes dos distintos sectores económicos da comarca.