Faite socio

EMGROBES é unha agrupación de empresarios grovenses unidos para a defensa de modo conxunto dos seus intereses e ter así un maior peso específico a hora de participar nas determinacións que realmente lles afectan, con plena capacidade de obrar en cumprimento dos seus fins.

Algunhas das vantaxes das que se pode benefeciar ao facerse socios son:

  • Cursos de Formación
  • Conferencias e charlas-coloquio
  • Ofrecer información sobre a situación económica xeral e sectorial
  • Asesoramento administrativo e tramitacións (Municipio, Provincia, Comunidade Autónoma, Estado ou Comunidade Europea)
  • Declaración do I.V.A (convenio con asesoría)
  • Asesoramento contable, fiscal e tramitacións (convenio con asesoría)
  • Confección de nóminas e seguros sociais (convenio con asesoría)
  • Confección declaración estimación directa e obxectiva por módulos (convenio con asesoría)
  • Declaración sobre a renda e no seu caso sobre o patrimonio (convenio con asesoría)
  • Asesoramento laboral e tramitacións (convenio con asesoría)
  • Información e asesoramento de créditos oficiais e subvencións
  • Información lexislativa actualizada, e nalgúns casos tramitacións de reclamacións (ex cláusulas suelo, reclamación de deuda…etc) 
  • Integración no Centro Comercial Aberto “De Tendas”, uniformidad e beneficios comúns
  • Campañas de promoción e dinamización conxunta (COMERCIO: nadal, día do pai e nai, volta ó cole, rebaixas, descontos, etc HOSTALERÍA: xornadas gastronómicas, pinchos, actividades de desestacionalización do turismo etc) 
  • Sala de reunións a disposición dos asociados
  • Convenios que conseguen condicións vantaxosas para os SOCIOS con empresas de transporte ( MRW), aseguradoras (ZURICH, MAPFRE e outros), entidades financeiras (Abanca e outros…)
  • Ademáis acompañado de todo o que conleva a promoción, dinamización e publicidade conxunta para todos os socios e a maiores da publicidade en prensa, redes sociales, pantallas, radio etc das campañas concretas.
  • Xunto con isto entregaranse de maneira periódica bolsas corporativas e algún obsequio de parte da asociación para os asociados cando sexa posible e de interese para eles.

Todo isto é o que levará vostede só con afiliarse a Emgrobes, tendo a posibilidade de contar cunha xerencia e unha oficina á que acudir para consultar calquera cuestión que lle surxa, ademáis dunha directiva á disposición da Asociación. Xuntos resolveremos mellor os problemas.

Forma parte da asociación

Se tes un negocio no Grove lembra que xuntos somos máis! Contacta connosco e coñece todas as vantaxes de ser socio.