BENVIDO
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVIZOS
Quen somos
Emgrobes, a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos, é a asociación que agrupa aos empresarios do comercio, industria e turismo do Grove na defensa dos intereses comúns e os do noso pobo.
Nesta asociación temos como principal obxectivo a unión empresarial na defensa dos intereses do Grove. Desenvolvemos continuas actividades de dinamización comercial, industrial e turística que melloran estes sectores económicos e toda a economía local no seu conxunto.
SERVIZOS AOS NOSOS ASOCIADOS
Asóciache e poderás gozar dos seguintes servizos

Promoción comercial
Promovemos campañas comerciais orientadas ao fomento das vendas dos nosos asociados

Representación colectiva
Como agrupación temos capacidade de trasladar nosas necesidades aos organismos públicos correspondentes.

Presencia nos medios
Coas nosas actividades colectivas acadamos presencia nos medios

Formación
Periódicamente a asociación realiza cursos de formación e especialización para os seus asociados

Información e asesoramento
Ofrecemos asesoramento empresarial que poida ser relevante aos nosos asociados

Convenios
Nosos asociados contan coa posibilidade de disfrutar de descontos especiais
CCA de Tendas
O comercio local con unha imaxe e promoción única
TARXETA COMERCIO DO GROVE
Compra nun comercio e presenta a túa tarxeta para engadirlle os puntos correspondentes.
En cada nova compra podes seguir acumulando puntos ou canxealos por descontos na túa compra.
Solicita a túa! Visita www.ccadetendas.com para máis información.
Campaña de Nadal
EMGROBES ORGANIZA UNHA CAMPAÑA DE NADAL CON MAIS DE 2400 € EN PREMIOS
Hoxe presentouse a campaña de Nadal de EMGROBES, a través do Centro Comercial Aberto “De Tendas”, que un ano máis consta de dous sorteos. Un de vales compra por valor de 1800 € e outro propio de lotes de material escolar para nenos de máis de 600 €. O primeiro dende hoxe ata o día 6 de xaneiro incluído, constará do sorteo de de 1800 € para O Grove, repartidos en diferentes vales compra entre os clientes do CCA que merquen nos establecementos participantes durante a campaña de Nadal de Emgrobes. E por outra banda, outro sorteo dirixido ós máis pequenos que escriban as cartas da asociación a Papá Noel e as metan nos buzóns dos comercios participantes, xa que se sortearán 16 lotes de material escolar valorados en máis de 600€.
Actualidade
Coñece as novas máis relevantes relacionadas coa actualidade da asociación
Campaña Nadal 2025
Emgrobes organiza unha campaña de nadal con máis de 2300€ en premios e actividades dinamizadoras na rúa para pequenos e maiores
Xornadas da Centola 2025
Los asistentes a este evento gastronómico podrán disfrutar de diferentes platos elaborados a base de centolla que se servirán en los establecimientos colaboradores de estas jornadas promocionales.
Cociña do Mar e Grovestock 2025
Emgrobes está inmerso na organización das súas accións de promoción da economía local da Festa do Marisco que dará comezo mañán venres ás 11.30 hs a inauguración oficial da Feira de oportunidades Grovestock, na que estarán presentes diferentes negocios de textil, calzado, peletería, artesanía, óptica e xoierías.
Forma parte da asociación
Se tes un negocio no Grove lembra que xuntos somos máis! Contacta connosco e coñece todas as vantaxes de ser socio.


