Emgrobes elaborou un programa de actividades culturais, deportivas e lúdicas coas que pretende imprimir vida á localidade durante as xornadas nas que debería estar a se celebrar (o covid-19 non o permitiu) a Festa do Marisco. Devandito paquete de actividades arrincará este sábado cun concerto da Banda do Sequío (19 horas) e da banda Jazz Frecuency Group (20.15) na carpa colocada no Corgo. A axenda musical complétana, sempre ás oito da tarde, os seguintes grupos: o venres 8, A Batea; o sábado 9, Velaí Van’d; o domingo 10, Antonio Seijo e Skylight; o luns 11, Sés e o sábado 16, A Movida.
No programa figuran tamén as xornadas A Cociña do Mar, no miradoiro da lonxa (venres 8, ás cinco da tarde).
Descarga a axenda completa: