EMGROBES PRESENTA EN PORTO MELOXO AS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO MEXILÓN QUE SE LEVARÁN A CABO O 20-21-22 DE SETEMBRO NO GROVE
A asociación de empresarios, dentro do seu obxectivo de incentivar e promocionar a economía local, presenta hoxe en Porto Meloxo, diante de Amegrove, cooperativa mexiloeira socia de Emgrobes, as Xornadas gastronómicas do Mexilón, nas que aproveitando o gran momento de calidade do molusco, se prepararán en diferentes restaurantes e taperías socias varios platos e menús basados en Mexilóns. Á presentación acudiron medios de comunicación, concelleiros e responsables dos establecementos participantes, ademáis de varios directivos de Emgrobes e representantes da cooperativa Amegrove.
Nestas xornadas o protagonista é o mexilón xa que os 9 restaurantes participantes adicarán parte do seu menú ou as súas suxerencias a este preciado marisco bibalbo, tan coñecido pero de gran versatibilidade na cocina. A idea é facer algo diferente ó que habitualmente teñen os establecementos na carta, para chamar a atención de clientes e visitantes amantes da boa gastronomía e de probar diferentes formas de preparación dos produtos promocionados, en este caso o mexilón.
O Restaurante do Hotel Bosquemar, o Punta Vendaval que é o do Hotel Eurostar Louxo da Toxa, e outros restaurantes e taperías do Grove como O Canta Claro do Hotel Vilavella, o Bruma, o 48 da Platería, a tapería Afuego, o Herlogón , o restaurante Sal de Allo, e tapería Plaza anímanse a participar nestas xornadas e realizar diferentes preparacións para poder degustar os tres día (20-21-22 de setembro, mellor con previa reserva.
Emgrobes adicionalmente realizará diferentes actos promocionais como unha degustación de petiscos con mexilón que prepararán os alumnos e Mestres do Obradoiro de Hostalería da Lanzada o próximo día 19 , ou actuación dos cantos de taberna a cargo do grupo Arroba de Viño o sábado ó mediodía, para animar os establecementos participantes. Todo elo irá acompañado dunha gran promoción en medios, cuñas de radio e nas RR SS de Emgrobes e das Xornadas Gastronómicas do Grove, ademáis das páxinas webs da asociación.
O que se pretende é dinamizar e promocionar a nosa vila nesta fin de semana antes da chegada de Festa do Marisc, partindo dunha premisa fundamental, que O Grove é referente gastronómico na comarca e en Galicia e para iso se organizan este tipo de eventos que poden atraer a algún tipo de turista de cercanía e animar ós veciños a probar recetas diferentes con produtos de cercanía, facendo unha simbiose do mar e da terra.