EMGROBES ORGANIZA UN ANO MÁIS AS XORNADAS DE EXALTACIÓN DA CENTOLA DO GROVE EN COLABORACIÓN COA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DO GROVE

As xornadas da centola organizadas por Emgrobes e na que colaboran tamén a Cofradía de pescadores e a Cofradía do Centolo Larpeiro comezan este hoxe luns 6 de novembro coa apertura da veda da centola e ata o día 10 de decembro.

A asociación para conmemorar a XXI edición pretende facer varias acción de promoción deste preciado crustáceo, incentivando desta maneira que se animen os visitantes a acudir nestas datas fora de temporada e que se faga turismo gastronómico en O Grove. Así o luns día 6 realízase a primeira presentación para medios do cartel das xornadas e presentarase tamén o programa a medios, autoridades, colaboradores e sector hostaleiro e turístico. Hoxe ás 11 da mañá no museo da Salga, en punta Moreiras  foron convidados varios representantes da Xunta de Galicia, da deputación que colaboran e apoian a iniciativa pero por cuestión de axenda non nos puiderona compañar. Así a directiva de Emgrobes e por suposto o alcalde de O Grove deronse cita ante os medios de comunicación para explicar estas accións que implican a propia promoción da centola do Grove e do propio municipio dende o punto de vista gastronómico e turístico, intentando desestacionalizar o mesmo. Animouse por parte das entidades participantes aos visitantes a que acuda a O Grove durante estas datas e proben este preciado marisco en calquera dos 14 restaurantes participantes, algún deles realizarán menús especiales, e tamén os 8 hoteis que Terán as súas portas abertas especialmente na ponte de decembro para recibilos.

A partir de ese día Emgrobes levará a cabo outras presentación como a próxima do día 9 en Valladolid, na bodega Arzuaga, para animar ós turistas para que aproveiten estas xornadas para coñecer O Grove ou para disfrutar da súa maravillosa gastronomía, naturaleza e sobre todo da calidade e exquisited da centola do Grove.

Ademáis destas presentación Emgrobes está organizando varios show cookings con degustación en diferentes días para que bloguers, medios de comunicación e expertos gastronómicos poidan degustar diferentes recetas cuio principal ingrediente sexa a centola do Grove. E realizarase pola Confraría de pescadores a tradicional subasta de centola macho e femia, sendo o recaudado para unha asociación sin ánimo de lucro. Os actos da Cofradía do Centolo Larpeiro animarán as rúas durante varios días das xornadas e todo dará lugar a que durante estes días  se dinamizará a vila e se encherá de actos…

Todo elo acompañado de publicidade en medios, redes sociais e páxinas web para que se promova e se incentive o consumo nos restaurantes e hoteis locais que este ano son máis de 20 e que durante a maior parte das xornadas servirán centolo elaborado de diferentes maneiras, farán menus especiais, tapas, centoladas e incluso algún hotel ofertará estancias con ceas nas que degustarán centolo….Todo elo para que durante o mes de novembro e parte de decembro quen acuda a O Grove poida disfrutar de todo o que a nosa vila pode ofrecer.