EMGROBES PRESENTA NO HOTEL BOSQUEMAR AS XORNADAS DO BONITO QUE SE LEVARÁN A CABO O 7-8-9 DE XUÑO EN O GROVE
A asociación de empresarios, dentro do seu obxectivo de incentivar e promocionar a economía local, presenta hoxe nos fermosos xardíns do hotel Bosquemar as Xornadas do bonito, dentro do campaña que xa iniciou a principio de ano chamada Sabores do Grove, na que se están desenvolvendo en diferentes restaurantes e taperías socias varias xornadas gastronómicas desestacionalizadoras. Á presentación acudiron medios de comunicación, autoridades e responsables dos establecementos participantes, ademáis de varios directivos de Emgrobes.
Esta vez tócalle ó bonito ser o protagonista, xa que os 7 restaurantes participantes adicarán parte do seu menú ou as súas suxerencias a este peixe, moito menos común nos fogóns das cociñas de O Grove que outros peixes ou mariscos. A idea é facer algo diferente ó que habitualmente teñen os establecementos na carta, para chamar a atención de clientes e visitantes amantes da boa gastronomía e de probar diferentes formas de preparación dos produtos promocionados, en este caso o bonito.
O Restaurante do Hotel Bosquemar, a terraza O Castro (ambos en Reboredo), a Punta Vendaval que é o do Hotel Louxo da Toxa, e varios restaurantes no centro como O Canta Claro do Hotel Vilavella, o Bruma, o 48 da Platería e a tapería Plaza anímanse a participar nestas xornadas e realizar diferentes preparacións para poder degustar os tres día (7-8-9 de xuño), previa reserva.
Emgrobes adicionalmente realizará diferentes actos promocionais como unha degustación de petiscos con bonito que preparará o Obradoiro de Hostalería da Lanzada o próximo día 5 de xuño, ou actuación de grupos de música tradional durante a fin de semana para animar as rúas, ademáis de preparar un menú saudable para os colexios de O Grove o día 7 de xuño dentro das datas da propias xornadas e en colaboración co catering GALICIA NA TÚA MESA. Faranse ademáis sorteos entre os clientes dos establecementos e nas RRSS. Todo elo irá acompañado por unha campaña das RR SS de emgrobes e de xornadas gastronómicas do Grove, ademáis das webs e medios de comunicación, radio etc.
O que se pretende é dinamizar e promocionar a nosa vila antes de chegar a tempada estival, partindo dunha premisa fundamental, que O Grove é referente gastronómico na comarca e en Galicia e para iso se organizan este tipo de eventos que poden atraer a algún tipo de turista de cercanía e animar ós veciños a probar recetas diferentes con produtos de cercanía, facendo unha simbiose do mar e da terra.