A Asociación de Empresarios de Bens e Servicios realiza unha campaña de comercio chamada “volta ó cole” na que se repartirán entre os clientes do CCA de Tendas invitación para a Festa da Volta e que se celebrará o domingo día 18 de setembro, domingo de 17.30 a 20.30 horas, na Praza do Corgo.
A data de celebración da festa poderá ser modificada por Emgrobes en función do mal tempo. A campaña terá unha duración de máis de 15 días, dende o día 3 de setembro de 2022 ata o día 18 de setembro de 2022, ambos incluídos.
Poden participar na campaña todos os clientes dos establecementos do CCA de Tendas que durante a mesma merquen nos comercios socios participantes na campaña de volta ó cole, ós que se lles darán invitacións para que os nenos poidan disfrutar dunha tarde con xogos, inchables de auga, toro mecánico etc con música e animación nesta Festa de Volta ó cole, con toda seguridade e as medidas de protección hixiénico-sanitarias esixidas por lei.
As invitación non son nominativas, poderá disfrutar destes xogos calquera neno ou nena que leve esta invitación selada ou firmada polo establecemento pertencente ó CCa de Tendas que participara na campaña.
Para participar nesta campaña é imprescindible coñecer as bases e aceptalas de acordo con tódolos termos establecidos nas mesmas. A participación supón a aceptación expresa destas bases. É condición indispensable para beneficiarse desta campaña cumprir os requisitos esixidos para a mesma, participando en él de boa fe, excluíndose calquera persoa/s que a súa intención sexa, non só beneficiarse da mesma, se non perxudicar ou danar con elo en calquer modo a