
A Asociación de Empresarios de Bens e Servicios //EMGROBES// realiza unha campaña de comercio chamada “volta ao cole” na que se repartirán entre os clientes do CCA de Tendas invitacións para a Festa que se celebrará o domingo día 14 de setembro, de 17.30 a 20.30 horas, na Praza do Corgo.
A data de celebración da festa poderá ser modificada por Emgrobes en función do mal tempo e avísaríase a través das RRSS, megafonía e publicidade.
Adicionalmente tamén se fará, con todas as invitacións dos asistentes, un sorteo de 150 € en vales de compra para gastar en tres establecementos participantes na campaña.
A campaña terá unha duración de 14 días, dende o día 1 de setembro de 2025 ata o día 14 de setembro de 2025, ambos incluídos.
Poden participar na campaña todos os clientes dos establecementos do CCA de Tendas que durante a mesma obteñan, polas súas compras, invitacións para que os nenos poidan disfrutar dunha tarde con xogos, inchables de auga, toro mecánico etc con música e animación na Festa levada a cabo por Emgrobes o día 14 na Praza do Corgo. Participarán no sorteo dos vales de compra as persoas asistentes que traigan a súa invitación e a entreguen na mesa. O sorteo realizarase presencialmente durante a tarde do día 14 de septembro entre todas as matrices das invitación entregadas.
As invitación non son nominativas, poderá disfrutar destes xogos calquera neno ou nena que leve esta invitación selada ou firmada polo establecemento pertencente ó CCA de Tendas que participara na campaña.
Para participar nesta campaña é imprescindible coñecer as bases e aceptalas de acordo con tódolos termos establecidos nas mesmas. A participación supón a aceptación expresa destas bases. É condición indispensable para beneficiarse desta campaña cumprir os requisitos esixidos para a mesma, participando en él de boa fe, excluíndose calquera persoa/s que a súa intención sexa, non só beneficiarse da mesma, se non perxudicar ou danar con elo en calquer modo a