A Asociación de Comerciantes e empresarios Emgrobes, presentou esta mesma mañán a súa campaña adicada ós máis pequenos da casa VOLTA Ó COLE, de promoción do comercio local do CCa de tendas e para incentivar e premiar as compras en O Grove.
O CCA , pretende con estas accións seguir promocionanado e dinamizando o consumo na vila, polo que lanza esta campaña coincidindo coa data na que se realizan as compras para a volta ó cole, así dende o día 2 de setembro ata o 15 dese mesmo mes, as compras no comercio local Terán premio pensado para o disfrute dos nenos e nenas.
A campaña consiste este ano en entregar ós clientes do CCA de tendas unas invitación para os pequenos da casa, xa que o domingo día 15 de setembro, se o tempo non o impide, celebraremos na Praza do Corgo a partir das 17.30 da tarde unha festa adicada ós nenos, donde poderán disfrutar de diferentes xogos, toro mecánico, tobogán de auga, carrilanas ademáis de música e animación.
Así a asociación, este ano volve a realizar esta campaña para os máis pequenos coa Festa do Volta o Cole. Emgrobes aposta por este formato con xogos e inchables para nenos de todas as idades, tras o éxito de anos anteriores, porque realmente a Volta ó cole como campaña, naceu para premiar ós nenos dos clientes do CCA que merquen durante estas datas no comercio local.
Ademáis de estos xogos que serán o colofón final da campaña, Emgrobes tamén realizará sorteos a través das RR SS de vales de compra canxeables no propio comercio do CCA, para ter un retorno nos socios.
Todo esto para seguir incentivando as compras no CCA de Tendas e tamén para premiar e fidelizar ós clientes, que seguen confiando nos veciños para facer as súas compras durante estes primeiros días na que os nenos e nenas voltan ó cole
Así que animamos dende a asociación a que os veciños e veciñas de O Grove que merquen durante esta campaña tan importante e na que se invirte moito nos nosos establecementos, soliciten os convites para os seus pequenos e que grandes e maiores disfrutemos desta campaña e axudemos á economía da vila que tanto o precisa.