Na campaña de Nadal de EMGROBES, a través do Centro Comercial Aberto “De Tendas”, que ó igual que o ano pasado consta de dous sorteos. Un de vales compra (compartido con todo o Comercio do salnés) e outro propio de material escolar para nenos. O  primeiro dende hoxe ata o día 6 de xaneiro incluído, constará do sorteo de máis de 1800 €  para O Grove e un premio de 1100€ ente todo o Salnés, repartidos en diferentes vales compra entre os clientes do CCA que merquen nos establecementos participantes durante a campaña de Nadal de Emgrobes. E por outra banda, outro sorteo dirixido ós máis pequenos que escriban as cartas da asociación a Papá Noel e as metan nos buzóns dos comercios participantes, xa que se sortearán 15 lotes de material escolar valorados en 500€.

Este ano na campaña de NADAL para o sorteo dos VALES COMPRA utilizarase ó método tradicional de cubrir os datos  nos boletos e introducilos nunha urna para logo entre todos os participantes que mercaran nos establecementos durante a campaña, seleccionar nun sorteo realizado o día 12 de xaneiro do 2024 ós gañadores.

Os premios que se van a sortear este ano son os seguintes.

PREMIOS VALES COMPRA

1.- 1 PREMIOS DE 300 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”

2.- 2 PREMIOS DE 200 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”

3.- 11 PREMIOS DE 100 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”

A maiores o Consorcio sorteará un premio de 1100 €  en vales compra entre todos os clientes de Consorcio do Salnés que participaran na campaña de nadal mercando no comercio local.

PREMIO 15 LOTES DE MATERIAL ESCOLAR

Como premio adicional os clientes dos CCas que merquen durante a campaña nos establecementos poderán participar no sorteo deste material cubrindo as cartas de Papá Noel e presentandoas nos propios establecementos dende hoxe mesmo ata o día 25 de decembro. A asociación fixo cartas e buzóns para animar ós máis pequenos a que as escriban con ilusión e tamén incentivar ós país para que as entreguen nos establecementos socios participantes a través  dun sorteo de lotes de material escolar valorados nun total de 500 €. Desta maneira os cativos tamén recibirán o seu premio.

ASÍ os verdadeiros protagonistas este ano serán os máis cativos, e aínda que os premios de 1800 € en vales de compra son fundamentais tanto para fidelizar clientes como para volver a invertir no comercio local que tanto o precisa, os NENOS son os que se van a beneficiar dos agasallos e das festas da campaña de nadal de Emgrobes.

Se o tempo o permite a idea é animar a rúa Castelao o día 22 coa presenza de Papá Noel acompañado de animación musical a cargo de Discoteca Móvil e unha chocolatada para evitar o frío. O día 26 Emgrobes ten previos realizar outra festa para grandes e pequenos na Aldea Comercial da Toxa, dinamizando esta zona comercial co coñecido Dj local JAVI SOLLA. E como colofón e gracias á colaboración tamén do Concello, organizarase unha gran Festa pre badaladas o día 31  pola mañan na Praza do Corgo, con inchables, música, e o reparto de dulces para facer un ensaio xeral das uvas cos máis pequenos….E CUNHA sorpresa especial a cargo do/a presentador/a que non vos podedes perder. En caso de choiva realizarase no Pavillón de Deportes do Monte da Vila.

Todo elo para premiar e fidelizar ós cliente do Cca de tendas e sobre todo porque a maxia do Nadal encha a vila do Grove e sobre todo os negocios locais, que tanto o necesitan.

Así animamos á veciñanza a unirse pola economía local e mercar todos os agasallos na vila para axudar ós negocios e tamén para optar a todos estos premios.

LISTAXE DE PREMIOS E PREMIADOS:

1.- 300 € en QUIOSCO ISAIAS a Merce Dominguez
2.- 200€ en GARCIA PADIN a Luis Iglesias
3.- 200 € PASTELERIA PAYCA a Lorenzo.
4.- 100€. MUIÑO VELLO, a Tana Fuentes .
A GAIVOTA a Eva Cruz Silva
MIA BOUTIQUE a Mari Carmen.
PREFABRICADOS DENA, a Antonio Luis.
LOLITOS, a Miriam Fernandez
VIAJES AROSA a Juan M Prieto
EDIGROVES, a Borja Padín
HABITAT, a Mª José Pájaro
MABELA, a Lucía
MODAS JULIAN, a Nuria Garrido
BAMBI, a Luisa Froiz

O PREMIO DE 1.100 € EN VALES DE COMPRA DO SALNÉS RECAUEU NUN VECIÑO DE O GROVE, Antonio Lois Dominguez, QUE MERCOU EN EFECTOS NAVALES E DEPORTES O MAR.