MERCA NO COMERCIO LOCAL EN NADAL E PODERÁS GAÑAR MÁIS DE 1500€ EN VALES DE COMPRA E 15 LOTES DE MATERIAL ESCOLAR

Hoxe presentouse a campaña de Nadal de EMGROBES, a través do Centro Comercial Aberto “De Tendas”, que ó igual que o ano pasado consta de dous sorteos. Un de vales compra (compartido con todo o Comercio do salnés) e outro propio de material escolar para nenos. O  primeiro dende hoxe ata o día 6 de xaneiro incluído, constará do sorteo de máis de 1500 €  para O Grove e un premio de 1100€ ente todo o Salnés, repartidos en diferentes vales compra entre os clientes do CCA que merquen nos establecementos participantes durante a campaña de Nadal de Emgrobes. E por outra banda, outro sorteo dirixido ós máis pequenos que escriban as cartas da asociación a Papá Noel e as metan nos buzóns dos comercios participantes, xa que se sortearán 15 lotes de material escolar valorados en 500€.

Este ano na campaña de NADAL para o sorteo dos VALES COMPRA utilizarase ó método tradicional de cubrir os datos  nos boletos e introducilos nunha urna para logo entre todos os participantes que mercaran nos establecementos durante a campaña, seleccionar nun sorteo realizado o día 12 de xaneiro do 2022 ós gañadores.

Os premios que se van a sortear este ano son os seguintes.

PREMIOS VALES COMPRA

1.- 1 PREMIOS DE 300 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”

2.- 2 PREMIOS DE 200 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”

3.- 8 PREMIOS DE 100 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”

A maiores o Consorcio sorteará un premio de 1100 €  en vales compra entre todos os clientes de Consorcio do Salnés que participaran na campaña de nadal mercando no comercio local.

PREMIO 15 LOTES DE MATERIAL ESCOLAR

Como premio adicional os clientes dos CCas que merquen durante a campaña nos establecementos poderán participar no sorteo deste material cubrindo as cartas de Papá Noel e presentandoas nos propios establecementos dende hoxe mesmo ata o día 25 de decembro. A asociación fixo cartas e buzóns para animar ós máis pequenos a que as escriban con ilusión e tamén incentivar ós país para que as entreguen nos establecementos socios participantes a través  dun sorteo de lotes de material escolar valorados nun total de 500 €. Desta maneira os cativos tamén recibirán o seu premio.

Ademáis do sorteo, a campaña estará acompañada de agasallos típicos de nadal que entregarán as tendas ós seus clientes e as actividades na rúa xa que contaremos con Papá Noel visitará as rúas comerciais o día 23 de decembro e para o día 31 pola mañán tamén hai prevista unha festa con música e hinchables, pre-campanadas na praza do Corgo que dependerá do tempo e da situación sanitario en O Grove.

Aparte esta campaña, estará apoiada por diferentes materiais promocionais, como cartelería, boletos, bolsas, caramelos, calendarios, así como diferentes publicidades en prensa, megafonía, redes sociais , páxinas web etc….Todo elo para animar ós veciños a facer as súas compras no comercio local, xa que unha vez máis AS SÚAS COMPRAS NO CCA DE TENDAS DE O GROVE TERÁN PREMIO.