EMGROBES, EN COLABORACIÓN COA XUNTA DE GALICIA, REALIZA UNHA CAMPAÑA EN FEBREIRO PARA PROMOVER AS COMPRAS NO COMERCIO LOCAL

A Asociación de Comerciantes e empresarios Emgrobes, comezou esta semana a súa campaña dos namorados coincidindo en datas coa preparación do antroido, de promoción do comercio do CCa de tendas  e para incentivar e axudar ó comercio local 

A asociación de Empresarios, pretende con estas accións seguir promocionanado e dinamizando o consumo na vila, especialmente nos comercios asociados polo que lanza esta campaña coincidindo coa data dos namorados  e coas compras para o entroido, e tamén para incentivar a súa tarxeta de fidelización do Club de tendas, como en anos anteriores. 

Como xa comentamos en outras ocasións a tarxeta de fidelización dos clientes do CCa é un incentivo que agrada moito ós consumidores locales xa que permite sumar puntos convertibles en futuros descontos e fomenta con esto que o cliente volva a realizar un gasto nos comercios adheridos á mesma e ó memos tempo este cliente vai acumulando descontos. Por todo isto a asociación, nestes momentos difíciles quere premiar ós clientes do CCa que continúen mercando no comercio local e utilicen a súa tarxeta club de tendas, xa que Emgrobes sorteará 50.000 puntos  entre os distintos usuarios das tarxetas para que poidan utilizalos ata o 14 de febreiro  para promover as compras neste 1 trimestre que está sendo moi duro para os comerciantes. Desta maneira os agasallados poderán usar os puntos e descontos que lles toquen durante dous meses. A idea é incentivar novas compras con estes descontos.l

Ademáis de premiar e fidelizar ós clientes, con esta campaña pretendemos aumentar o uso da tarxeta Club de tendas que tanto gusta a consumidores e clientes do CCa de tendas de O Grove.

 

A   asociación quere recordar que para conseguir a tarxeta os consumidores poderán consultar na páxina web www.ccadetendas.com, nas RR SS e na publicidade en mupis e roll ups os establecementos que disponen na actualidade deste servizo ou ben solicitala e facela a través da propia páxina web. Os establecementos integrantes no Club de tendas, para a identificalos tamén dispoñen dunha pegatina e un cartel anunciador da tarxeta de fidelización.

 

Dende a asociación animamos a todos a seguir mercando en O Grove, nos establecementos do Cca de tendas que siguen necesitando o noso apoio e facendo estas compras poderán ademáis conseguir vantaxes participando nos sorteos das campañas, tanto de vales de compra como de puntos e descontos do Club de tendas coma nesta ocasión pola campaña dos namorados.

Infórmate en emgrobes.com e nas nosas redes sociais
Organiza: Emgrobes e o Centro Comercial Aberto de Tendas e cofinanciado por Xunta de Galicia