A Asociación de Empresarios de Bens e Servicios //EMGROBES// realizará, pola campaña do día do Pai, o sorteo de 10 premios consistentes en vales de compra, dous de 100 E e oito adicionais de 50 E . Total valor dos premios de 600 E en vales de compra entre os clientes do CCa que participen na campaña.
A campaña terá unha duración dende o día 4 de marzo de 2024 ata o día 19 de marzo de 2024, ambos incluídos.
Os gañadores/as do Sorteo poderán utilizar os vales de compra nos establecementos socios participantes na campaña do día do Pai, no plazo dun mes dende a data do sorteo.
Para participar no sorteo, será necesario cubrir un boleto poñendo como mínimo nome e apelidos e un teléfono de contacto. Os boletos serán entregados polos comerciantes ós clientes pola compra nos establecementos participantes na campaña, estes boletos terán que estar validados co selo ou firma do establecemento pertencente ó C.C.A. “De Tendas”
Están excluídos de participar os dueños dos negocios e os empleados con boletos do establecementos ó que pertenecen. Participar permite a incorporación dos seus datos indicados coa finalidade de ter coñecemento da súa identidade e sen que EMGROBES poida, de calqueira xeito, utilízalos con diferentes fins. Así mesmo o concursante autoriza a publicación dos seus datos nos medios de comunicación no suposto de resultar premiado.
O sorteo realizarase o día 22 de marzo de 2024 na sede de Emgrobes en Luis Casais, 1, 1 . Todos os boletos introduciranse nunha urna grande e unha persoa sacará os 10 boletos premiados, e tamén dous boletos máis de reserva, para o caso de que algún dos agraciados non se puidera localizar ou por motivos alleos a EMGROBES non poida disfrutar do citado premio. A cada comercio participante sólo lle poderán corresponder un máxido de dous premios por campaña.
Ó sorteo poderá asistir calquer asociado.
Para participar neste sorteo é imprescindible coñecer as bases e aceptalas de acordo con tódolos termos establecidos nas mesmas. A participación no sorteo supón a aceptación expresa destas bases. É condición indispensable para beneficiarse deste sorteo, cumprir os requisitos esixidos para a mesma, participando en él de boa fe, excluíndose deste sorteo calquera persoa/s na que a súa intención sexa, non só beneficiarse da mesma, se non perjudicar ou danar con elo en calquer modo a EMGROBES.
Infórmate en emgrobes.com e nas nosas redes sociais
Organiza: Emgrobes e o Centro Comercial Aberto de Tendas e cofinanciado por Xunta de Galicia