A Asociación de Empresarios de Bens e Servicios //EMGROBES// reparte entre os socios a campaña “ DIA DA NAI” consistente en RAÑAS que poden conter premios e descontos directos de 10€, 20€, 30€ ou 50€, cun total de 1.200€ en premios ou tamén agasallos como tazas día da nai e colgatodo.
Os rañas, que deberán estar sellados ou co nome dos establecementos, entregaranse ós clientes por un gasto mínimo de 10€ e un máximo de 5 rañas por compra ou consumo.
A campaña terá unha duración dende o día 22 de abril de 2024 ata o día 5 de maio, ambos incluídos. Os rañas premiados con vales descontos poderán canxearse durante toda a campaña no mesmo establecemento que llos proporcionou ou en calquera outro socio de Emgrobes participante na campaña (web ccadetendas.com). Os premios dos rañas premiados con tazas ou colgatodo serán entregados polo establecemento donde toquen, A data límite do canxeo dos premios é o 15 DE XUÑO DE 2024. Os rañas non premiados non necesitan ser entregados, poden destruirse.
Os establecementos ós que lles entreguen os rañas premiados deberán emitir un ticket, albarán ou factura e facerlles o desconto do Para poder cobrar o premio entregarán nas oficinas de Emgrobes o RAÑAS cos datos do premiado e o ticket, albarán ou factura no que foi utilizado.
Para participar na campaña será necesario facer un consumo nos establecementos socios participantes na campaña. As bases e os establecementos poderán consultarse na páxina web https://ccadetendas.com/sorteos
A participación nesta campaña supón a aceptación das súas bases publicadas na páxina web.