A Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos, desenvolverá do 22 de abril de 2023 ao 7 de maio de 2023, ambos inclusive, a promoción “CAMPAÑA DO DÍA DA NAI 2023”. Esta Campaña pretende transmitir aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras e consumos nos establecementos asociados adheridos, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios

O premio ao que aspiran os participantes nesta campaña de 1200 euros divididos nunha decena de premios, dous de 50 euros, dous de 30 euros, 5 de 20 euros e 94 de 10 euros. O obxectivo de repartir a cantidade entre o maior número de persoas posibles e que repercuta de novo no comercio local adherido ao CCA de Tendas.

Poderás atopar máis información desta campaña no seguinte enlace: https://ccadetendas.com/sorteo

 

Actividade polo Día da Nai 2023: sesión de tarde na Aldea Comercial da Toxa