A vila mariñeira de O Grove ten moito que ofrecer: espazos naturais de ilusión, tradición pesqueira e mariscadora, un rico patrimonio etnográfico, restaurantes para quitarse o sombreiro… Agora chegan as Xornadas Gastronómicas A Cociña do Mar que, baixo o lema “Galicia sabe amar” pretenden difundir o consumo de peixes e mariscos entre a cidadanía. Unha actividade que é clave no desenvolvemento económico e rural de moitas zonas costeiras de toda Galicia.