Come, Merca, Ama o Grove
Come, Merca, Ama o Grove

EMGROBES REEDITA A XVII EDICIÓN DA COCIÑA DO MAR E NOVAMENTE ORGANIZA A FEIRA DE OPORTUNIDADES NA FESTA DO MARISCO

A Asociación de Comerciantes e empresarios Emgrobes, levará a cabo as súas habituais actividades de promoción da economía local durante a festa do marisco. Esta mañán inaugurouse a  Feira de Oportunidades Grovestock que este ano estará tamén o próximo fin de semana na Festa do Marisco., e o dia 9 pola tarde a tradicional Xornada gastronómica A Cociña do Mar

Emgrobes está inmerso na organización das súas accións de promoción da economía local daa fEsta do Marisco. Esta mañán inaugurouse as 11.30 a Feira de Oportunidades Grovestock F.M. Foi este ano nunha Carpa  na que participan 14 establecementos de comercio local da vila. Venderán artículos con descontos durante estos días, dende roupa de muller e home, complementos, artesanía galega, calzado home e muller, peletería, xoguetes, agasallos etc. O horario da Feira será dende as 11 da mañán ata as 22.00 hs da noite de maneira ininterrumpida para que os visitantes e oa veciños que o desexen poidan acercarse en calquera momento e adquirir aquelo que lles guste ou precisen con uns prezos reducidos.

Á inauguración da Feira asistiron o alcalde de O Grove e varios concelleiros do gobernó e oposición  xunto cos directivos de Emgrobes encabezados por José Besada o seu presidente. Esta é unha das accións cofinanciadas pola Xunta de Galicia a través das axudas aos Centros Comerciais Abertos da Dirección Xeral de Comercio, que o CCa de Tendas organiza para axudar ao comercio local a desfacerse do stock sobrante e a promocionar o comercio local dentro da Festa do Marico.

Ademáis este ano Emgrobes organiza, e xa por dezaseteavo  ano consecutivo, A Cociña do Mar, esta actividade que naceu para promocionar os produtos do mar, menos coñecidos nos nosos fogóns, pero igualmente sabrosos e de excelente calidade, vai apostar este ano pola Ostra rizada, a petaraña e as algas. Excelentes produtos das nosas rías que se van a cociñar e degustar o día 9 de outubro, a partir das 18.00 ha no Mirador da Lonxa da Cofradía de Pescadoresd entro do recinto da Festa do Marisco. Pariciparan Hostelco, Senlleiro e A Cocina de mi abuelo con un showcoking con degustación marinado con viños D.O. Rías Baixas. A entrada é libre ata completar o aforo establecido para o evento.

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web, etc.