Come, Merca, Ama o Grove
Come, Merca, Ama o Grove

EMGROBES REEDITA A XVI EDICIÓN DA COCIÑA DO MAR E NOVAMENTE ORGANIZA A FEIRA DE OPORTUNIDADES NA FESTA DO MARISCO

A Asociación de Comerciantes e empresarios Emgrobes, de maneira previa ás datas fixo unha sondaxe entre os establecementos hoteleiros e de hospedaxe da vila e a media de ocupación para as fins de semana do Marisco é do 90 % de ocupación a pesar do tempo.

Ben é cerTo que durante a semana a media Baixa pero algún hoteis incluso comentan que está aumentando as reservas para o días da semana a última hora. As previsións meterorolóxicas non son moi alentadoras, e según comentas os hosteleros a segunda fin de semna a do Pilar ó non haber a ponte está indo máis lenta nas reservas do habitual. Esperan que non haxa cancelacións de última hora e si o tempo mellorase igual se conseguía igualar as reservas de anos anteriores. Igualmente co tirón da Festa dende Emgrobes queremos ser optimistas e esperar que todo vaia mellor do esperado.

Emgrobes está inmerso na organización das súas accións de promoción da economía local daa fEsta do Marisco-Dará comezo mañán venres ás 11.30 hs a inauguración oficial da Feira de oportunidades Grovestock, na que estarán presentes diferentes negocios de textil, calzado, peletería, artesanía, óptica e xoierías. Serán uns 16 expositores que estarán ata o domingo ofrecendo o stock da súa mercancía a prezos moi interesantes.

Adicionalmente, e non sen inconvintes este ano, Emgrobes levará a cabo a 16ª edición das xornadas gastronómicas A Cociña do Mar o próximo xoves día 10 de outubro ás 18.00 hs, este ano adicada á ameixa reló, os carneiros e o melgacho ou tamén coñecido como pataroxa.

Finalmente gracias á colaboración da Confraría de Pescadores que cede o seu local do Mirador da Lonxa, poderase levar a cabo esta tradicional cita cos productos do mar menos coñecidos nos fogóns. Como sempre consistirá nunha charla saudable por parte do Dr Ignacio Balboa e un show cooking con degustación dos pratos preparados polos cociñeiros que este ano representan as empresas HOSTELCO GALICIA, LA COCINA DE MI ABUELO, e CARALLUDO BY CHUCHI. Coa colaboración da Xunta de Galicia e o apoio do Concello do Grove e os participantes seguiremos disfrutando destes maravillosos manxares e coñecendo a grande calidade que teñen os nosos productos de Pescaderias  da man de Adrián Fuentes, Rocío Garrido e Alberto Sobral. Todo elo cunha pequena degustación tamén dos viños Paco e Lola e Santiago Roma que acompañarán ás estupendas recetas que se prepararán neste acto. O aforo é limitado polo que se precisa convite ou se poderá acceder ata completar o aforo que ronda os 60 convidados.

Asi dende Emgrobes esperan cumplir as expectativas e continuar promocionando e dinamizando a economía local, especialmente das empresas relaccionadas co mar, co comercio, a hostalería e en especial ás socias desta entidade que ten dentro dos seus estatutos estos obxectivos fundamentais.

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web, etc.