EMGROBES, EN COLABORACIÓN COA XUNTA DE GALICIA, REALIZA UNHA CAMPAÑA EN FEBREIRO PARA PROMOVER AS COMPRAS NO COMERCIO LOCAL

A Asociación de Comerciantes e empresarios Emgrobes, comezou esta semana a súa campaña dos namorados coincidindo en datas coa preparación do antroido, de promoción do comercio do CCA de Tendas  e para incentivar e axudar ó comercio local 

A asociación de Empresarios, pretende con estas accións seguir promocionanado e dinamizando o consumo na vila, especialmente nos comercios asociados polo que lanza esta campaña coincidindo coa data dos namorados  e coas compras para o entroido, e tamén para incentivar a súa tarxeta de fidelización do Club de tendas, como en anos anteriores.

Como xa comentamos en outras ocasións a tarxeta de fidelización dos clientes do CCA é un incentivo que agrada moito ós consumidores locales xa que permite sumar puntos convertibles en futuros descontos e fomenta con esto que o cliente volva a realizar un gasto nos comercios adheridos á mesma e ó memos tempo este cliente vai acumulando descontos. Por todo isto a asociación, nestes momentos difíciles quere premiar ós clientes do CCa que continúen mercando no comercio local e utilicen a súa tarxeta club de tendas, xa que Emgrobes sorteará 50.000 puntos  entre os distintos usuarios das tarxetas para que poidan utilizalos ata o 14 de febreiro  para promover as compras neste 1 trimestre que está sendo moi duro para os comerciantes. Desta maneira os agasallados poderán usar os puntos e descontos que lles toquen durante dous meses. A idea é incentivar novas compras con estes descontos.

Ademáis de premiar e fidelizar ós clientes, con esta campaña pretendemos aumentar o uso da tarxeta Club de tendas que tanto gusta a consumidores e clientes do CCA de tendas de O Grove.

A  asociación quere recordar que para conseguir a tarxeta os consumidores poderán consultar na páxina web www.ccadetendas.com, nas RR SS e na publicidade en mupis e roll ups os establecementos que disponen na actualidade deste servizo ou ben solicitala e facela a través da propia páxina web. Os establecementos integrantes no Club de tendas, para a identificalos tamén dispoñen dunha pegatina e un cartel anunciador da tarxeta de fidelización.

Dende a asociación animamos a todos a seguir mercando en O Grove, nos establecementos do Cca de tendas que siguen necesitando o noso apoio e facendo estas compras poderán ademáis conseguir vantaxes participando nos sorteos das campañas, tanto de vales de compra como de puntos e descontos do Club de tendas coma nesta ocasión pola campaña dos namorados.

Infórmate en emgrobes.com e nas nosas redes sociais
Organiza: Emgrobes e o Centro Comercial Aberto de Tendas e cofinanciado por Xunta de Galicia

Consulta as bases do sorteo AQUÍ

Consulta os premiados AQUÍ

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web, etc.