CAA Asociación de Comerciantes e empresarios Emgrobes, comeza hoxe a súa campaña dos namorados, de promoción do comercio do CCa de tendas e para incentivar e axudar ó comercio local nestes momentos tan complicados.
A asociación de Empresarios, pretende con estas accións seguir promocionanado e dinamizando o consumo na vila, especialmente nos comercios asociados polo que lanza esta campaña coincidindo coa data dos namorados e tamén para incentivar a súa tarxeta de fidelización do Club de tendas.
Como xa comentamos en outras ocasións a tarxeta de fidelización dos clientes do CCA é un incentivo que agrada moito ós consumidores locales xa que permite sumar puntos convertibles en futuros descontos e fomenta con esto que o cliente volva a realizar un gasto nos comercios adheridos á mesma e ó memos tempo este cliente vai acumulando descontos. Por todo isto a asociación, nestes momentos difíciles quere premiar ós clientes do CCA que continúen mercando no comercio local e utilicen a súa tarxeta club de tendas, xa que Emgrobes sorteará 20.000 puntos (equivalentes a 200 € ) entre os distintos usuarios das tarxetas para que poidan utilizalos en futuras compras.
Ademáis de premiar e fidelizar ós clientes, con esta campaña pretendemos aumentar o uso da tarxeta Club de tendas, que o propio consumidor solicite e utilice a tarxeta porque por un lado entrarán no sorteo dos puntos gratis e tamén poderán utilizar estos descontos en novas compras, facendo que se distribuyan estes puntos e se convirtan en descontos de 10 E sumados ás tarxetas que resulten premiadas no sorteo que se fará a partir do 14 de febreiro.
A asociación quere recordar que para conseguir a tarxeta os consumidores poderán consultar na páxina web www.ccadetendas.com, os establecementos que disponen na actualidade deste servizo e pedir que llas fagan nos memos comercios ou ben solicitala e facela a través da propia páxina web. Os establecementos integrantes no Club de tendas, para a identificalos tamén dispoñen dunha pegatina e un cartel anunciador da tarxeta de fidelización.
Dende a asociación animamos a todos a seguir mercando en O Grove, nos establecementos do Cca de tendas que siguen necesitando o noso apoio e facendo estas compras poderán ademáis conseguir vantaxes participando nos sorteos das campañas, tanto de vales de compra como de puntos e descontos do Club de tendas coma nesta ocasión pola campaña dos namorados.