EMGROBES ORGANIZA UNHA CAMPAÑA DE NADAL CON MAIS DE 2300 € EN PREMIOS E ACTIVIDADES DINAMIZADORAS NA RÚA PARA PEQUENOS E MAIORES. CAMPAÑA DE NADAL 2024-25, financiada pola Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello do Grove.
Hoxe presentouse a campaña de Nadal de EMGROBES, a través do Centro Comercial Aberto “De Tendas”, que un ano máis consta de dous sorteos. Un de vales compra por valor de 1800 € e outro propio de lotes de material escolar para nenos de máis de 500 €. O primeiro dende hoxe ata o día 6 de xaneiro incluído, constará do sorteo de de 1800 € para O Grove, repartidos en diferentes vales compra entre os clientes do CCA que merquen nos establecementos participantes durante a campaña de Nadal de Emgrobes. E por outra banda, outro sorteo dirixido ós máis pequenos que escriban as cartas da asociación a Papá Noel e as metan nos buzóns dos comercios participantes, xa que se sortearán 16 lotes de material escolar valorados en máis de 500€.
Este ano na campaña de NADAL para o sorteo dos VALES COMPRA utilizarase ó método tradicional de cubrir os datos nos boletos e introducilos nunha urna para logo entre todos os participantes que mercaran nos establecementos durante a campaña, seleccionar nun sorteo realizado o día 14 de xaneiro do 2025 ós gañadores.
Os premios que se van a sortear este ano son os seguintes.
PREMIOS VALES COMPRA
1.- 1 PREMIOS DE 300 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”
2.- 2 PREMIOS DE 200 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”
3.- 11 PREMIOS DE 100 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”
PREMIO 16 LOTES DE MATERIAL ESCOLAR
Como premio adicional os clientes dos CCas que merquen durante a campaña nos establecementos poderán participar no sorteo deste material cubrindo as cartas de Papá Noel e presentandoas nos propios establecementos dende hoxe mesmo ata o día 25 de decembro. A asociación fixo cartas e buzóns para animar ós máis pequenos a que as escriban con ilusión e tamén incentivar ós país para que as entreguen nos establecementos socios participantes a través dun sorteo de lotes de material escolar valorados nun total de 550 €. Desta maneira os cativos tamén recibirán o seu premio.
ASÍ os verdadeiros protagonistas este ano serán os máis cativos, e aínda que os premios de 1800 € en vales de compra son fundamentais tanto para fidelizar clientes como para volver a invertir no comercio local que tanto o precisa, os NENOS son os que se van a beneficiar dos agasallos e das festas da campaña de nadal de Emgrobes.
Se o tempo o permite a idea é animar a rúa Castelao o día 23 coa presenza de Papá Noel acompañado de animación musical a cargo de Discoteca Móvil e unha chocolatada para evitar o frío. O día 28 Emgrobes ten previos realizar outra festa para grandes e pequenos na Aldea Comercial da Toxa, dinamizando esta zona comercial con DJ e xogos para os pequenos e pequenas. E como colofón e gracias á colaboración tamén do Concello, organizarase unha gran Festa pre badaladas o día 31 pola mañan, con inchables, música, e o reparto de dulces para facer un ensaio xeral das uvas cos máis pequenos….Además na semana de reis o venres 3 haberá xogos populares en Castelao e organizarase unha búsqueda do tesouro polos comercios con premios e agasallos para os nenos e os adultos que os acompañenb, para dinamizar as compras de reis e ó mesmo tempo animar as rúas.
Todo elo para premiar e fidelizar ós cliente do Cca de tendas e sobre todo porque a maxia do Nadal encha a vila do Grove e sobre todo os negocios locais, que tanto o necesitan.
Así animamos á veciñanza a unirse pola economía local e mercar os agasallos na vila para axudar ós negocios e tamén para optar a todos estos premios.
SORTEO DE PREMIOS E RESULTADOS DA CAMPAÑA:
Emgrobes e o CcA de tendas levou a cabo o sorteo dos premios dos vales de compra da campaña de nadal. Luns día 13 realizouse o sorteo na sede Emgrobes e o CCa de tendas. A participación este ano foi extraordinaria, xa que se repartiron máis de 15.500 boletos entre todos os establecementos participantes, e numerosos clientes cubriron estes boletos e participaron no sorteo, pero solamente 15 persoas foron as afortunadas nos seguintes establecementos
1.- 300 € en ABRIL a Diana Garrido
2.- 200€ en ELESMA BIQUES a Luis Pablo Bolívar
3.- 200 € en COCIÑAMOS a Milagros Rey
4.- 100€. RAFA VILA JOYERIAS, a Nuria oTERO .
A CALZADOS CYC, Milagros García
VIENTO EN POPA, Mariluz Ferreiro
MERCERIA SISITA, M Jesús Prol
BELOMAR, Emilia Piñeiro
FERREDOMI, Lisi Gondar
MARIÑA, Cristina Alvarez
SILVIA BARCALA ESTETICA, Ariana Prieto
ZAPY KIDS, Alexia Casás
EURONICS ELECTRON, _Rodrigo Pérez
HERBOLARIO CARMEN, Marta Charria
Ademáis xa antes de acabar o ano se fixera o sorteo das cartas a papá Noel que repartiu entre os nenos do Grove 16 lotes de material escolar (repartido entre os establecementos participantes)
Con todo esto a asociación de comerciantes está moi satisfeita pola alta participación e o reparto dos premios que volverá a canxearse nos comercios do CCa de tendas a través destos máis de 1800 € en vales de compra que se reinvertirán no propio tecido comercial do CCa.
A campaña en ventas, ainda que empezou lenta, finalmente nos últimos días pudieron equiparala á do ano pasado de media, e ainda que non é como fai anos, seguiremos traballando para que o comercio local se dinamice. Emgrobes segue animando a todos os veciños a que merquen no comercio de cercanía, que confíen nos seus propios veciños e lles axuden a levantar a nosa vila, para seguir dándolle vida.
Nestos momentos o CCA de Tendas está inmerso na promoción das rebaixas nos establecementos socios a través das redes e continúa promovendo as compras no comercio local, que sigue precisando dos veciños para a súa supervivencia, e buscando campañas atractivas para os clientes.