Come, Merca, Ama o Grove

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES//, desenvolverá do 19 de xuño de 2023 ao 30  DE XUÑO de 2023, ambos inclusive, a promoción “CAMPAÑA COME, MERCA AMA O GROVE” (de aquí en diante CAMPAÑA). Esta Campaña pretende transmitir aos consumidores un atractivo promocional que incentive a o consumo nos establecementos asociados adheridos, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.

Esta promoción terá o seu ámbito nos establecementos comerciais, hostaleiros e demáis empresas integradas en EMGROBES e C.C.A. “DE TENDAS”, que decidan voluntariamente participar na mesma (sempre e cando os mesmos atópense abertos ao público e en normal funcionamento durante o período indicado). Un establecemento que non participe na campaña non poderá entregar os códigos da promoción nin canxear os vales nin premios. As bases estarán  dispoñibles na páxina web www.ccadetendas.com

Os premios que constitúen a presente campaña serán os seguintes:

Sortearáse de maneira directa entre os clientes dos establecementos participantes na campaña que introduzan o seu código na web www.ccadetendas.com, 1.200 € EN PREMIOS  (distribuídos en:  2 premios de 100 € para consumir en restaurantes e taperías socias, 4 premios de 50 € para consumir en restaurantes e taperias socios, dúas estancias de 100 € para consumir en hoteis e apartamentos socios; premios en vales de compra que serán 3 premios de 100 € e 6 de 50 € que despois poderán canxealos nos establecementos integrantes no CCa de Tendas que participaran na campaña.

Entre todos os boletos rexistrados na web www.ccadetendas.com durante o prazo de duración da campaña (19/06/2023 ao 30/06/2023 ambos incluídos), sortearanse vales compra e vales de consumo en calquera dos establecementos participantes, esto significa que ó rexistrar o código introducido, lles solicitarán uns datos e lles indicarán se o código resulta premiado ou non, o establecemento que no seu caso da o premio e tamén que poderán ir a recollelo nun prazo de 5 días máximo para facer uso do mesmo ata o 31 de xullo de 2023

A persoa que reciba un premio, quedara excluida dos sorteos dos premios siguientes.

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVICIOS //EMGROBES// resérvase o dereito a entregar aos gañadores outro premio de iguais ou similares características.

Máis información en www.ccadetendas.com/sorteos