EMGROBES CELEBROU ONTE A SÚA ASEMBLEA XERAL SEN CAMBIOS SIGNIFICATIVOS NA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN

A asociación de empresarios do Grove, Emgrobes realizou onte a súa Asemble xeral de socios e socias na Sala das Cunhas. Este ano según establece os estatutos da entidade tocaba elección, de ahí que ademáis de informar das contas do ano 2025 e da memoria de actividades, a asociación levou a cabo  a dimisión da directiva actual e o nomeamento, no caso de que existise directiva alternativa, da nova directiva. Pero finalmente non habendose presentado candidatura alternativa, e tal e como establece o artigo 11 dos estatutos, continúa a xunta administrativa actual na xerencia hasta que exista unha nova candidatura ou no seu caso se acorde a disolución.

Polo tanto a entidade continúa nas mans do presidente actual e da súa xunta directiva, que sigue animando aos compañeiros e socios a traballar a reo para continuar axudando a dinamizar a economía local e promocionar e defender os intereses dos empresarios da vila e da propia vila en xeral.

A actualidade económica é complicada máis, como di o presidente, as contas da asociación e o funcionamento do mesmo é nestes momentos, moi positivo, sen ningún tipo de débedas, con contas saneadas e facendo moitas actividades dinamizadoras tanto para comercio como para servizos e hostelería e turismo. Representando aos socios e socias e traballando por mellorar a nosa vila, defendendo os intereses económicos e promocionando a vila do Grove durante todo o ano.

Á Asemblea acudiron unha veintena de socios e socias, aprobando as contas e a actividade actual e futura da entidade e corroborando o bo facer da directiva actual, con varias incorporación do último ano nas vocalías de turismo e empresa xeral que aportan ideas e axudan nas decisión importantes. Así a entidade que supera os 140 afiliados, vai continuar na mesma liña de actividades comerciais, formación, actividades de promoción turística y de gastronomía e toda a representatividade necesaria para a defensa de todos os sectores empresariais, sempre a cando se continúe co apoio de socios e entidades e administración públicas como ata o de agora.

Actualmente coa campaña de días Azuis do comercio galego e preparando a campaña de comercio próxima que se adica ao día da nai con sorteos e actividades na rúa. Ademáis de diferentes xornadas gastronómicas nos establecementos turísticos para abril e maio. Actualmente colabora co concello na regulación de normativas locais de turismo e con outras entidades supramunicipales para seguir mellorando as condicións e accións empresarias da vila.

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web, etc.