Actividades do CCA de Tendas
- CAMPAÑA DOS NAMORADOS: Durante a campaña do día dos namorados, realízase un sorteo de agasallos para os clientes dos establecementos socios que merquen durante esta campaña. Ás veces son vales compra que poden canxear nestes propios establecementos e outras veces outro tipo de agasallos. Tamén nalgunha ocasión se fai algunha actividade de promoción nas rúas.
- CAMPAÑA DO DÍA DO PAI E DO DÍA DA NAI: Unhas veces fanse campañas conxuntas e outras por separado. En ambos casos faise un sorteo entre os clientes do CCa que mercaron nos establecementos socios, normalmente con varios agasallos, spas, ceas, estancias en hoteis, sesión de peluquería, reloxios deportivos….ou vales compra. Soen realizarse actividades nas principais rúas comerciais (Castelao, Corgo, Praza de Arriba…)
- GROVESTOCK E FEIRAS DE OPORTUNIDADES: Para os socios que queiran participar alugando algún stand, organizamos feiras de oportunidades, normalmente en Semana Santa e na Festa do Marisco, encargándonos dos permisos dos gastos adicionais e publicidade
- CAMPAÑA VOLTA Ó COLE: En setembro solemos organizar algunha actividade relacionada cos nenos aproveitando o inicio do curso escolar, soe estar ligada tamén a unha campaña de dinamización e promoción do comercio. A volta ó cole, neste caso entregando vales e entradas para participar nos xogos e hinchables infantis ós clientes dos establecementos do CCA polas súas compras. Pode haber dj para nenos, música etc…
- CAMPAÑA DE NADAL: É das máis importantes pola cuantía dos premios, xa que os vales compra ou outros regalos son cuantiosos para beneficiar e fomentar que durante o Nadal as compras se fagan nos establecementos do CCA. Normalmente os premios superan os 2000 €, por iso esta campaña é a única na que os comercios participantes pagan unha cuota extraordinaria a maiores. Relízanse numerosas actividades na rúa, entréganse agasallos nas tiendas, merchandasing e tamén celébrase unha Gala especial de entrada gratuíta para entrega ou sorteo dos premios.