EMGROBES PRESENTOU UNHA NOVA EDICIÓN DAS X. G. BASEADAS NO PEIXE AZUL
A Asociación de empresarios locais, que ten como obxectivos a defensa e a promoción da economía local, continúa impulsando a dinamización do sector do turismo e da hostalería, fundamentalmente o da restauración, con unha serie de xornadas de diferentes productos nos establecementos socios participantes.
Emgrobes, co ánimo de seguir promocionando ao sector turístico e hostalaría a través de campañas gastronómicas, aproveitando a enorme calidade de producto e a profesionalidade e inxenio dos cociñeiros locais. Por segundo ano consecutivo e tendo en conta o éxito anterior, tócalle o turno ao peixe azul, tan versátil e con tantas posibilidades, que os 12 establecementos participantes seguramente farán delicias que os visitantes e veciños poderán degustar dende hoxe mesmo 15 ao 31 de maio no Grove.
Esta mañán presentáronse a cartelería , participantes e programa das xornadas no restuarante Sal de Allo, situado en Beiramar, donde Joaquin Álvarez, o seu titular e cociñeiro, nos mostrou algún dos pratos que se van a poder degustar no seu establecemento durante estos días (sardiña afumada e queixo crema con tomate seco con chutnei de pemento sobre fogacha de pan, salmorejo de tomate con bonito del atlántico e queixo do Cebriro, allo blanco de pera con cala afumada e encurtido de calabacín e tomate, e pratos máis tradicionais como fritura de boquerons e xoubas ou xouba guisada con tomate e a empanada de tomate)
Ademáis da posibilidade de degustar as preparacions, Emgrobes organiza un pequeño programa con actuacións musicais, algún taller e tamén un sorteo de agasallos como Degustacións en establecementos, entradas a conciertos, entradas a talaso e spa etc. Simplemente selando o pasaporte que lles entreguen nos locais, e deixándoo cando se consigan 3 sellos, para entrar no sorteo final.
Durante estos 15 días de xornadas, os 12 establecementos : Restaurante Sal de Allo, Jueso de Caña, tapería Afuego, Rest Senlleiro, taberna Canta Claro, Herlogón, Restaurante Solaina e A Solaina, Pan de Millo, Restaurante do Hotel Bosquemar en Reboredo e o Punta Vendaval e a Casa do Marqués na illa da Toxa. ofrecerán diferentes platos, suxerencias, tapas ou menús con dirferentes variedades de peixe azul, para que as persoas amantes destes productos e da boa gastronomía poidan acercarse, reservar e poder degustar estas recetas que misturan productos da terra e do mar e cos que poderan gozar de maravillosas sorpresas gastronómicas.
Con estas accións dinamizadoras que continuarán, preténdese incentivar aos veciños e visitantes para que acudan a disfrutar de todo o que a nosa vila pode ofrecer. Emgrobes ademáis está organizando a campaña comercial do día da nai, para premiar ao clientes do CCa de tendas con descontos e agasallos.
Así a entidade anima a veciños e visitantes a que aproveiten todas as accións que organizan, e neste caso,para probar todas estas exquisiteces que os cociñeiros preparen dende este venres 24 de abril e ata o día 3 de maio, incluido a ponte que coincide co día da Nai, poderán gozar destas xornadas nestes establecementos, cociñados de distintas maneiras , aproveitando o gran nivel gastronómico que temos no Grove e gozando de música en directo e premios.