EMGROBES PROMOCIONA SABORES NO GROVE CONSOLIDANDO AS  XORNADAS DA CAZA NESTE MES DE FEBREIRO

A Asociación de empresarios locais, que ten como obxectivos a defensa e a promoción da economía local, pretende intentar impulsar a dinamización do sector do turismo e da hostalería, fundamentalmente o da restauración, con unha serie de xornadas de diferentes productos nos establecementos socios que queiran participar.

Ó igual que o ano pasado, no mes de febreiro realizAranse unhas xornadas de caza e durante estos días, varios establecementos e prepararán diferentes platos con carne de caza. Comezan  este fin de semana, comezando o venres 6 e ata o próximo domingo día 15 de febreiro, Emgrobes volve impulsar as xornadas adicadas  a diferentes carnes de caza. Tendo en conta o éxito de anos anteriores, e, que a pesar de non ser  un producto habitual nas cociñas do Grove, é moi apreciado para os amantes do bo comer, os chefs locais atrévense a preparar diferentes tapas e pratos con benado, corzo, perdiz, xabalí ou outras exquisiteces utilizando productos locais xunto coa carne de caza, e animando ós seus clientes a degustar platos diferentes ó habitual na nosa vila.

É o caso, por terceiro ano consecutivo, das Xornadas gastronómicas da Caza, como anticipo ó Entroido grovense, que esta fin de semán se levarán a cabo en diferentes establecementos socios de Emgrobes, este ano 6 participantes xa,  nos que se prepararán menús e pratos variados no que o protagonista principal son os produtos de caza. ( Terraza Hotel O Castro, Canta Claro, Taberna Plaza, A Fuego, restaurante Punta Vendaval no Louxo e Jueso de Caña).

Hoxe mércores día 4 de febreiro , fíxose a presentación nun dos establecementos participantes, taberna Plaz ás 13.00 hs, donde se mostrou o cartel cos participantes e  o chef do Plaza, Oscar Cousido montou e ensinou un dos seus pratos estrella para estas xornadas:  JABALÍ ESTOFADO, PREVIAMENTE MARINADO, ACOMPAÑADO DUNHA PARMENIER DE PATATA. Ademáis dos directivos da asociación acudiron á presentación varios representantes dos establecementos participantes como Marcos Otero de Afuego e Pablo da Terraza o Castro, quenes comentaron que as súas suxerencias e menús atraen a visitantes e veciño que acuden a probar os diferentes pratos de caza. Outros dos platos serán que xa estarán ofrecento, por exemplo en Jueso de Caña será unha arepa rechea de confit de pato.

Emgrobes anima a veciños e visitantes que esta fin de semana aproveiten para probar todas estas exquisiteces e ata o día 15, incluido o Entroido e o complementando tamén o día dos namorados, poderán gozar destas xornadas da caza nestes establecementos, cociñados de distintas maneiras con  produtos da terra, maís ou menos coñecidos na nosa vila, aproveitando o gran nivel gastronómico que temos no Grove.

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web, etc.