EMGROBES ORGANIZA UNHA CAMPAÑA DE NADAL CON MAIS DE 2400 € EN PREMIOS. CAMPAÑA DE NADAL 2025-26, financiada pola Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello do Grove.
Hoxe presentouse a campaña de Nadal de EMGROBES, a través do Centro Comercial Aberto “De Tendas”, que un ano máis consta de dous sorteos. Un de vales compra por valor de 1800 € e outro propio de lotes de material escolar para nenos de máis de 600 €. O primeiro dende hoxe ata o día 6 de xaneiro incluído, constará do sorteo de de 1800 € para O Grove, repartidos en diferentes vales compra entre os clientes do CCA que merquen nos establecementos participantes durante a campaña de Nadal de Emgrobes. E por outra banda, outro sorteo dirixido ós máis pequenos que escriban as cartas da asociación a Papá Noel e as metan nos buzóns dos comercios participantes, xa que se sortearán 16 lotes de material escolar valorados en máis de 600€.
1.-SORTEO DE VALES COMPRA NA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DO SALNES.
Reparto de boletos a partir do 5/12/2025, reparto tamén de carteis e bases do sorteo, e demáis agasallos.
Os boletos entréganse ós clientes a partir o día 9 coa entrega de material e ata o 06.01.2025 incluído.
Os boletos teñen que ser cubertos co nome e apelidos e o teléfono de contacto do cliente que queira participar no sorteo. E deberán estar selados ou co nome do establecemento, para poder recoñecer o comercio donde tocou o premio.
A participación no concurso supón a aceptación das súas bases que atopamos nos folletos.
Os premios que lle corresponde ó CCA de tendas en vales compra son en total 1.800 € (1 de 300, 2 de 200 e 11 de 100 €), a data do sorteo dos boletos será na sede de Emgrobes o día 13 de xaneiro de 2026.
2.- SORTEO DE 16 LOTES DE MATERIAL ESCOLAR VALORADOS EN 600€ ENTRE AS CARTAS PARA PAPÁ NOEL CUBERTAS E ENTREGADAS NOS ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NA CAMPAÑA.
Durante os días 10 de decembro ata o 25 de decembro, ambos incluídos, todos os clientes do CCA de Tendas que realicen algunha compra nos establecementos participantes na campaña de Nadal poderán levar unha carta de Papá Noel para que os rapaces da familia a cubran e a metan nos buzóns dos establecementos. O día 30 de decembro realizarase un sorteo entre todas estas cartas do que resultarán @s gañadores de 16 lotes de material escolar.
Na cartas os participantes deberán cubrir os datos e o teléfono de contacto para poder localizar ós gañadores do sorteo.
Os nenos, ó ser menores, deberán estar acompañados dalgún adulto cando se faga a entrega dos premios dos 15 lotes de material escolar.
A asociación comunicarase directamente cos agraciados e poderá publicitar nos diferentes medios o nome dos mesmos a efectos informativos.
Para participar neste sorteo é imprescindible coñecer as bases e aceptalas de acordo con tódolos termos establecidos nas mesmas. A participación no sorteo supón a aceptación expresa destas bases. É condición indispensable para beneficiarse deste sorteo, cumprir os requisitos esixidos para a mesma, participando en él de boa fe, excluíndose deste sorteo calquera persoa/s na que a súa intención sexa, non só beneficiarse da mesma, se non perjudicar ou danar con elo en calquer modo a EMGROBES.