XXIII FESTA DA CENTOLA E XORNADAS DE EXALTACIÓN DA CENTOLA DO GROVE
EMGROBES ORGANIZA UN ANO MÁIS A FESTA DA CENTOLA DO GROVE CO APOIO DA XUNTA DE GALICIA, O CONCELLO DO GROVE E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A Festa e as xornadas da centola organizadas por Emgrobes na que colaboran tamén a Cofradía de pescadores e a Cofradía do Centolo Larpeiro , comenzaron a súa promoción o pasado día 7 na Gala organizada por Emgrobes con motivo dos premios Grove de Ouro e prata. Trala apertura da veda onte, 10 de novembro , Emgrobes presenta o cartel e o programa cos establecementos participantes e as accións promocionais que se levaraán a cabo estos días, e culturais que se realizaraán durante as datas da propia festa, do 27 de novembro ao 8 de decembro.
A asociación para conmemorar a XXIII edición pretende facer varias acción de promoción deste preciado crustáceo, incentivando desta maneira que se animen os visitantes a acudir nestas datas fora de temporada e que se faga turismo gastronómico en O Grove. Incidindo na importancia deste tipo de turismo durantes estas datas para desestacionalizar durante novembro e parte de decembro.
Acompañando a presidente e directivos de Emgrobes na Gala donde se presentou o cartel, estaban autoridades das administración colaboradoras, representantes da Cofradía de pescadores, da do Centolo Larpeiro e dos establecementos participantes. Entre outros o Director Xeral de Pesca, a Directora de promoción de Turismo de Galicia, o Deputado de turismo, o alcalde e a concelleira de turismo do Concello do Grove. Por parte das entidades participantes anímase aos visitantes a que acuda a O Grove durante estas datas e proben este preciado marisco en calquera dos 18 restaurantes participantes, algún deles realizarán menús especiales, e tamén os 12 hoteis e apartamentos que Terán as súas portas abertas especialmente na ponte de decembro para recibilos.
A partir de ese día Emgrobes levará a cabo outras presentación como a próxima do día 13 en Bodegas Rioanas de Cenicero, La Rioja, na que tamén se fará fincapé na importancia do turismo gastronómico para O Grove e se destacarán en ambos casos a calidade e a importancia da centola do Grove cunha pequena degustación do producto marinado con viños das propias Bodegas Riojanas. Posteriormente para animar ao turismo de cercanía, farase unha presentación en Lugo no Circulo das Artes de Lugo o día 20 de noviembre. En ambas presentacións se convidaraán medios de comunicación, autoridades, especialistas gastronómicos e coñecidos influencers para que promocionen e animen aos visitantes a acudir a O Grove durante novembro e a ponte de decembro para degustar a centola.
Para completar o programa levarase a cabo un show cooking que combina setas con centola do Grove, o día 4 de decmbro no Mirador da lonxa da Cofradía de Pescadores cunha exposición de cogumelos presentada por Miguel A. Delgado conocido experto en setas que tamén organiza un congreso internacional de Micoloxía no Grove a fin de semana do 27- novembro.
Tamén o día 28 realizarase pola Confraría de pescadores a tradicional subasta de centola macho e femia, sendo o recaudado para unha asociación sin ánimo de lucro. Durante as datas da Festa do 27 nov -8 de decembro haberá animación e música nas rúas a través de charangas, cantos de taberna e varias actuacións de música tradicional dos grupos Paradanda e Cantodorxo na Praza do corgo e nalgúns dos establecementos participantes. Todo para honrar á centola da Grove e para que durante estes días se dinamice a vila e os restaurantes e hoteis que serven a centola.
Toda a información e poderá atopar na oficina de turismo de O Grove, na web de Emgrobes e na RR sociais da asociación (xornadas gastronómicas e Emgrobes), ademáis da publicidade en medios, para que se promova e se incentive o consumo nos restaurantes e hoteis locais, e que durante a maior parte das xornadas servirán centolo elaborado de diferentes maneiras, farán menus especiais, tapas, centoladas e incluso algún hotel ofertará estancias con ceas nas que degustarán centolo….acompañado de rutas de senderismos, en barcos de paseo, acuario, museos o moito máis ocio, para que durante o mes de novembro e parte de decembro quen acuda a O Grove poida disfrutar de todo o que a nosa vila pode ofrecer.