EMGROBES PRESENTA NO RESTAURANTE A SOLAINA, “ O GROVE AZUL” XORNADAS GASTRONÓMICAS DE PEIXE AZUL, QUE SE CELEBRAN DO 16-31 DE MAIO NO GROVE

A asociación de empresarios, dentro do seu obxectivo dinamizador e para  promocionar a economía local, presentou hoxe  O GROVE AZUL, unhas novas  xornadas dos Sabores do Grove. A cita foi no afamado restaurante e marisquería A Solaina, que como sempre apoia as accións da asociación e tamén participa nestas xornadas promocionais baseadas no peixe azul, actualmente de temporada.

Nesta ocasión pensouse neste producto pola súa versatibilidade, e pola variedade de peixe azul co que se poden facer auténticas delicias para os padais dos veciños e visitantes que se animen a degustar o que os participantes preparen. Así que en diferentes restaurantes e taperías socias van preparar tapas, platos, suxerencias ou menús utilizando como producto predominante diferentes peixes azuis, ben sardiñas ou xoubas, cabala ou rincha, xureles, boqueirons, anchoas etc. Á presentación acudiron medios de comunicación, directivos de Emgrobes e responsables dos establecementos participantes e presentouse o cartel e as tarxetas para selar e que servirán para participar no sorteo de estupendos agasallos entre os que desfruten e degusten estos pratos elaborados polos participantes.

As datas de exaltación do Peixe azul nas xornadas “O Grove Azul” son do 16 de maio ata o 31 de xuño, ainda que o fin de festa será o domingo dia 1 de xuño coa actuación do grupo local os Firras que animarán a sesión vermut e de viños dese domingo a partir das 13.00 na Platería e Beiramar. Emgrobes ademáis quere incentivar e animar aos clientes a solicitar novamente as tarxetas de selado que lles facilitarán os establecementos e que serán seladas en cada un deles pola degustación dos diferentes pratos.  Os final cando sereúnan tres selos en cada tarxeta deixaranse nos establecementos para o sorteo pde estancias en hotel con spa, vales desconto nos socios de Emgrobes, ceas nos restaurantes e sesión de Talaso. Todo elo para o desfrute dos clientes nos establecementos do Grove.

Nestas xornadas O Grove Azul pariticipan 12 establecementos do Grove que servirán diferentes opción elaboradas con peixe azul, estes locais son xa coñecidos e algún novos, todos socios de Emgrobes.

O Restaurante do Hotel Bosquemar, o Punta Vendaval que é o do Hotel Eurostar Louxo da Toxa, Restaurante Terraza O Castro, e outros restaurantes e taperías do Grove como O Canta Claro, Herlogón, o 48 da Platería, Afuego, Senlleiro , Sal de Allo, Jueso de Caña, e os dous restaurantes Solaina e A Solaina, anímanse a participar nestas xornadas e realizar diferentes preparacións para poder degustar todos estos días.

O que se pretende é dinamizar e promocionar a nosa vila aproveitando a importancia da gastronomía  da vila e neste caso a tempada do peixe azul, de excelente calidade comezando xa esta fin de semana na que a celebración das letras galegas e a Media Maratón interrias entre O Grove e Sanxenxo van a atraer visitantes que queren disfrutar tamén dos productos que do mar e da terra que tan ben preparan os restaurantes da nosa vila.

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web, etc.