EMGROBES PROMOCIONA SABORES NO GROVE CON DIFERENTES XORNADAS NOS ESTABLECEMENTOS SOCIOS

A Asociación de empresarios locais, que ten como obxectivos a defensa e a promoción da economía local, pretende intentar impulsar a dinamización do sector do turismo e da hostalería, fundamentalmente o da restauración, con unha serie de xornadas de diferentes productos nos establecementos socios que queiran participar.

 Ó igual que o ano pasado, no mes de febreiro realizáronse unhas xornadas de caza, na que participaron varios establecementos e prepararon diferentes platos con carne de caza. Durante este fin de semana, os días 7,8,9 de febreiro, a asociación, debido ó éxito destas xornadas o ano pasado na que numerosos clientes se animaron a probar os menús e pratos elaborados polos restaurante e taperías participantes, Emgrobes volve impulsar as xornadas adicadas  a diferentes carnes de caza.

 Ainda que non é un producto habitual nas cociñas do Grove, os chefs locais atrévense a prearar diferentes tapas e pratos con benado, corzo, perdiz, xabalí ou outras exquisiteces utilizando productos locais e animando ós seus clientes a degustar platos diferentes ó habitual na nosa vila.

É o caso das Xornadas gastronómicas da Caza, como anticipo ó Entroido grovense, que esta fin de semán se levarán a cabo en diferentes establecementos socios de Emgrobes nos que se prepararán menús e pratos variados no que o protagonista principal son os produtos de caza. Así os días 7-8-9 de febreiro, poderase disfrutar de diferentes pratos nos 5 establecementos socios participantes ( Terraza Hotel O Castro, Canta Claro, Taberna Plaza, o 48 da Platería e A Fuego).

Hoxe martes día 4 de febreiro , fíxose a presentación nun dos establecementos participantes, Afuego tapería ás 12.45 hs, donde se mostrou o cartel cos participantes e  se mostraron algún dos pratos que se poderán degustar durante a fin de semana, como o bocadillo cubano de xabalí e os ovos de oca nunha cama de pataca con chourizo de xabalí.  Ademáis a intención da Emgrobes de cara a futuras accións de promoción gastronómica e turística é crear un pasaporte para beneficiar ós clientes que degusten nas diferentes xornadas con sorteos e agasallos.

A partir de aquí a idea é seguir promocionando nos seguintes meses, fins de semana temáticos e así dinamizar e promover o sector hostaleiro con pratos, menús e tapeos orixinais, e animar ós veciños e visitantes a que proben distintas maneiras de cociñar produtos da terra, maís ou menos coñecidos na nosa vila, aproveitando o gran nivel gastronómico que temos no Grove.

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web, etc.