EMGROBES ORGANIZA UNHA CAMPAÑA DE NADAL CON MAIS DE 2300 € EN PREMIOS E ACTIVIDADES DINAMIZADORAS NA RÚA PARA PEQUENOS E MAIORES. CAMPAÑA DE NADAL 2024-25, financiada pola Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello do Grove.

Hoxe presentouse a campaña de Nadal de EMGROBES, a través do Centro Comercial Aberto “De Tendas”, que un ano máis consta de dous sorteos. Un de vales compra por valor de  1800 € e outro propio de lotes de material escolar para nenos de máis de 500 €. O  primeiro dende hoxe ata o día 6 de xaneiro incluído, constará do sorteo de de 1800 €  para O Grove, repartidos en diferentes vales compra entre os clientes do CCA que merquen nos establecementos participantes durante a campaña de Nadal de Emgrobes. E por outra banda, outro sorteo dirixido ós máis pequenos que escriban as cartas da asociación a Papá Noel e as metan nos buzóns dos comercios participantes, xa que se sortearán 16 lotes de material escolar valorados en máis de 500€.

Este ano na campaña de NADAL para o sorteo dos VALES COMPRA utilizarase ó método tradicional de cubrir os datos  nos boletos e introducilos nunha urna para logo entre todos os participantes que mercaran nos establecementos durante a campaña, seleccionar nun sorteo realizado o día 14 de xaneiro do 2025 ós gañadores.

Os premios que se van a sortear este ano son os seguintes.

PREMIOS VALES COMPRA

1.- 1 PREMIOS DE 300 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”

2.- 2 PREMIOS DE 200 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”

3.- 11 PREMIOS DE 100 € EN VALES COMPRA DO C.C.A. “DE TENDAS”

 

PREMIO 16 LOTES DE MATERIAL ESCOLAR

Como premio adicional os clientes dos CCas que merquen durante a campaña nos establecementos poderán participar no sorteo deste material cubrindo as cartas de Papá Noel e presentandoas nos propios establecementos dende hoxe mesmo ata o día 25 de decembro. A asociación fixo cartas e buzóns para animar ós máis pequenos a que as escriban con ilusión e tamén incentivar ós país para que as entreguen nos establecementos socios participantes a través  dun sorteo de lotes de material escolar valorados nun total de 550 €. Desta maneira os cativos tamén recibirán o seu premio.

ASÍ os verdadeiros protagonistas este ano serán os máis cativos, e aínda que os premios de 1800 € en vales de compra son fundamentais tanto para fidelizar clientes como para volver a invertir no comercio local que tanto o precisa, os NENOS son os que se van a beneficiar dos agasallos e das festas da campaña de nadal de Emgrobes.

Se o tempo o permite a idea é animar a rúa Castelao o día 23 coa presenza de Papá Noel acompañado de animación musical a cargo de Discoteca Móvil e unha chocolatada para evitar o frío. O día 28 Emgrobes ten previos realizar outra festa para grandes e pequenos na Aldea Comercial da Toxa, dinamizando esta zona comercial con DJ e xogos para os pequenos e pequenas. E como colofón e gracias á colaboración tamén do Concello, organizarase unha gran Festa pre badaladas o día 31  pola mañan, con inchables, música, e o reparto de dulces para facer un ensaio xeral das uvas cos máis pequenos….Además na semana de reis o venres 3 haberá xogos populares en Castelao e organizarase unha búsqueda do tesouro polos comercios con premios e agasallos para os nenos e os adultos que os acompañenb,  para dinamizar as compras de reis e ó mesmo tempo animar as rúas.

Todo elo para premiar e fidelizar ós cliente do Cca de tendas e sobre todo porque a maxia do Nadal encha a vila do Grove e sobre todo os negocios locais, que tanto o necesitan.

Así animamos á veciñanza a unirse pola economía local e mercar os agasallos na vila para axudar ós negocios e tamén para optar a todos estos premios.

LISTAXE DE PREMIOS E PREMIADOS:

1.- 300 € en QUIOSCO ISAIAS a Merce Dominguez
2.- 200€ en GARCIA PADIN a Luis Iglesias
3.- 200 € PASTELERIA PAYCA a Lorenzo.
4.- 100€. MUIÑO VELLO, a Tana Fuentes .
A GAIVOTA a Eva Cruz Silva
MIA BOUTIQUE a Mari Carmen.
PREFABRICADOS DENA, a Antonio Luis.
LOLITOS, a Miriam Fernandez
VIAJES AROSA a Juan M Prieto
EDIGROVES, a Borja Padín
HABITAT, a Mª José Pájaro
MABELA, a Lucía
MODAS JULIAN, a Nuria Garrido
BAMBI, a Luisa Froiz

O PREMIO DE 1.100 € EN VALES DE COMPRA DO SALNÉS RECAUEU NUN VECIÑO DE O GROVE, Antonio Lois Dominguez, QUE MERCOU EN EFECTOS NAVALES E DEPORTES O MAR.